miércoles, 18 de mayo de 2011

Comunicado dende #acampadaobradoiro

acampadaobradoiro

http://acampadascq.blogspot.com/

A noticia da proibición da concentración na Puerta del Sol de Madrid espallouse por todas as concentracións similares que existen no estado. Dende o grupo acampado no Obradoiro queremos facer chegar o noso apoio a toda a xente acampada nas distintas cidades do estado. Nós, pola nosa parte, seguiremos na praza xa que polo de agora non tivemos ningunha resposta por parte da Subdelegación do Goberno.

En caso de que a súa resposta sexa negativa permaneceremos aquí exercendo o noso dereito constitucional de expresión e reunión de xeito totalmente pacífico, e este é o unico límite que contemplamos. Queremos facer especial fincapé en que non pensamos que sexa democrático facer depender estes dereitos básicos de permisos e prazos institucionais. Opinamos que a expresión da voz do pobo NUNCA debería ser ilegal, e que é a nosa responsabilidade facela escoitar.

Non entendemos por que os partidos politicos poden facelos seus mitines e nós, sen afiliacións a ningún partido político e vinculados só ás nosas propias conciencias cidadás, non estamos en igualdade de condicións para expresar a nosa idea do que é unha democracia.

O documento oficial de comunicación da proibición di que "a petición do voto responsable pode afectar á campaña electoral e a liberdade do dereito dos cidadáns ao exercicio do voto”. Non entendemos porque o noso intento de concienciar á cidadanía da necesidade de exercelo seu dereito (e deber) ao voto responsable é considerado como unha ameaza. No fundo, haberia que preguntarse por que existe este medo ao voto responsable.

Nueva conciencia julio de 2012. Posee código para ponerla en vuestras web y blog

.